GALICIA: Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a Persoal Funcionario e para a contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia

CONSELLERÍA DE FACENDA – XUNTA DE GALICIA

_______________________________________________________________________

 RESOLUCIÓN DO 14 DE MAIO DE 2012, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE, DE CONFORMIDADE CO ARTIGO 12 DO DECRETO 37/2006, DO 2 DE MARZO, SE FAI PÚBLICA A ACTUALIZACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS CORRESPONDENTE AO ANO 2011 DAS LISTAS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

_______________________________________________________________________________________________________________

Unha vez finalizado o prazo fixado pola Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG n.º 35, do 20 de febreiro), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/polos interesadas/os, a Comisión Permanente Central acordou, na reunión do 3 de maio de 2012, elevar a correspondente proposta, polo cal, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a actualización definitiva de méritos, con indicación da puntuación total, unha vez incluídos os novos méritos dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes aos corpos e ás escalas que se especifican no anexo I desta resolución e dos incluídos nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (Dende o día 23 de maio de 2012)

As listas atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poden consultarse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe «Función pública».

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución actualización de méritos