CONCELLO DE RIBEIRA
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 39 SOCORRISTAS ACUÁTICOS PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SALVAMENTO DE PRAIAS DESTE CONCELLO DE RIVEIRA
_______________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do certificado de escolaridade ou equivalente, que deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.
Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do título de socorrista acuático.
Ter solicitada a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, na sección correspondente a socorristas en espazos acuáticos naturais e presentada declaración responsable do cumprimento dos requisitos para o exercicio da actividade de socorrismo, que deberá acreditarse mediante copia do documento da solicitude presentada dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e copia do documento da declaración presentada.
INSTANCIAS:
As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación.
As solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 9:00 a 13:30 horas).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 26 DE MAIO ATA O DÍA 4 DE XUÑO DE 2012
Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; neste caso, os concursantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (fax do Concello de Riveira n.º 981 871610) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. Tamén poderán comunicalo enviando un e-mail á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected].
O modelo oficial das instancias estará a disposición de todos os interesados, ademais de nas oficinas municipais, no sitio web oficial do concello (www.riveira.es).
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación