Convocadas 2 Bolsas de Estudios ou Becas para a realización de actividades de información, animación e promoción turística do municipio de Pontevedra

CONCELLO DE PONTEVEDRA

_______________________________________________________________________ 

BASES QUE REXIRAN O CONCURSO PARA A ADXUDICACION DE DUAS BOLSAS DE ESTUDIOS OU BECAS PARA A REALIZACION DE ACTIVIDADES DE INFORMACION, ANIMACION E PROMOCION TURÍSTICA DO MUNICIPIO DE PONTEVEDRA

_______________________________________________________________________________________________________________

BENEFICIARIOS: Poderán ser adxudicatarios destas becas as persoas que están en posesión da titulación de Técnicos/as Superiores en Información e Comercialización Turística e Diplomados/as en Turismo ou equivalente no momento da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos obtida no ano 2003 ou posterioridade a esta data.

DURACIÓN: O período de duración das actividades a realizar será de seis meses contados a partir do 1º de xuño de 2012. A xornada será de 140 horas mensuais, distribuíndose estas en función das actividades nas que o Concello organice ou participe.

SOLICITUDES:

As solicitudes para participar no concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9,00 a 13,00 horas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 25 ATA O DÍA 29 DE MAIO DE 2012

As instancias irán acompañadas dos seguintes documentos:

— fotocopias do D.N.I. ou N.I.f.

— fotocopia do título ou do recibo de depósito do mesmo.

— Curriculum vitae debidamente acreditado.

 Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa

Selección de persoal experto Docente para a impartición de Cursos de Formación Ocupacional para o Concello de Oleiros (A Coruña)

CONCELLO DE OLEIROS

________________________________________________________________________

APRÓBANSE AS BASES DE SELECCIÓN DE PERSOAL EXPERTO DOCENTE PARA A IMPARTICIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN OCUPACIONAL

________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición libre

INSTANCIAS:

As solicitudes para participar nas distintas probas selectivas que se convoquen, presentaranse mediante instancia dirixida ao Sr. alcalde do Concello de Oleiros no modelo oficial que se facilitará na dita entidade para o efecto.

Presentaranse no rexistro xeral do Concello de Oleiros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria na prensa.

As instancias tamén poderán remitirse en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información, consulta o seguinte enalce: Bases selección de persoal