Convocadas 2 Bolsas de Estudios ou Becas para a realización de actividades de información, animación e promoción turística do municipio de Pontevedra

CONCELLO DE PONTEVEDRA

_______________________________________________________________________ 

BASES QUE REXIRAN O CONCURSO PARA A ADXUDICACION DE DUAS BOLSAS DE ESTUDIOS OU BECAS PARA A REALIZACION DE ACTIVIDADES DE INFORMACION, ANIMACION E PROMOCION TURÍSTICA DO MUNICIPIO DE PONTEVEDRA

_______________________________________________________________________________________________________________

BENEFICIARIOS: Poderán ser adxudicatarios destas becas as persoas que están en posesión da titulación de Técnicos/as Superiores en Información e Comercialización Turística e Diplomados/as en Turismo ou equivalente no momento da convocatoria de selección. A titulación debera ser, cando menos obtida no ano 2003 ou posterioridade a esta data.

DURACIÓN: O período de duración das actividades a realizar será de seis meses contados a partir do 1º de xuño de 2012. A xornada será de 140 horas mensuais, distribuíndose estas en función das actividades nas que o Concello organice ou participe.

SOLICITUDES:

As solicitudes para participar no concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9,00 a 13,00 horas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 25 ATA O DÍA 29 DE MAIO DE 2012

As instancias irán acompañadas dos seguintes documentos:

— fotocopias do D.N.I. ou N.I.f.

— fotocopia do título ou do recibo de depósito do mesmo.

— Curriculum vitae debidamente acreditado.

 Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa