Contratación de 3 Peóns Forestais para o Concello de Toén (Ourense)

CONCELLO DE TOÉN

_________________________________________________________________

SELECCIÓN DE PERSOAL PARA CUBRIR 3 POSTOS DE PEÓNS FORESTAIS COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL

______________________________________________________________________________________________________

– Número e denominación das prazas: 3 peóns forestais.

– Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.

– Duración do contrato: 3 meses.

– Titulación esixida: non se esixe.

– Retribucións totais: 843,00 €/mes (incluída p.p.p.e).

– Sistema de selección e baremo: concurso/ base 9, aptdo. I; IV e V.

– Bases xerais: publicadas no BOP n.º 133, do 12 de xuño de 2001, e na sede electrónica municipal https://concellodetoen.sedelectronica.es.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 9 ATA O DÍA 15 DE MAIO DE 2012

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.