PONTEVEDRA: Concello de Baiona: Contratación, como interino, dun/dunha Auxiliar Administrativo para a Oficina de Área de Rehabilitación Integral

CONCELLO DE BAIONA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A A SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO A XORNADA PARCIAL (25 HORAS SEMANAIS) PARA A OFICINA DE ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DESTE CONCELLO

_______________________________________________________________________________________________________________

 SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

INSTANCIAS:

As solicitudes poderán presentarse en instancia que se facilitará polo Concello.

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas. Caso de que a instancia non se presente directamente no Rexistro Xeral do Concello o/a aspirante deberá dirixir por Fax, ó 986/357474 unha copia da instancia con anterioridade ó remate do prazo na que figure a data de presentación no rexistro correspondente, ós efectos de que poida ser incluída na relación de admitidos/as.

PRAZO DE PRESENTANCIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 21 DE MAIO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Convocatoria