Contratación dun/dunha Psicólogo/a para o Concello de Oroso (A Coruña)

CONCELLO DE OROSO

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

SELECCIÓN DE PSICÓLOGO/A DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DESTE CONCELLO BAIXO A MODALIDADE DE CONTRATO LABORAL TEMPORAL POR OBRA OU SERVIZO DETERMINADO

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión da Licenciatura en Psicoloxía, e  posuír permiso de conducir da clase B e dispoñer de vehículo para necesidades do servizo.

INSTANCIAS:

Os interesados deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello a seguinte documentación:

1.- Solicitude de participación anexa ás Bases.

2.- Acreditamento dos méritos alegados.

A presentación da documentación poderá facerse en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92. Poren, e dada a urxencia da contratación, os aspirantes que presentasen a documentación noutros lugares que non fose o rexistro do Concello deberán remitir un fax ao número 981-691786 dando aviso da presentación de instancia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 27 DE SETEMBRO ATA O DÍA 7 DE OTUBRO DE 2011

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Psicólogo