Publicada a relación de aspirantes inscritos (abril a xuño 2011) nas listas de contratación temporal do Concello de Ourense

CONCELLO DE OURENSE

_________________________________________________________________________________________________________________________________________

Relación de aspirantes inscritos (abril a xuño 2011) nas listas para a contratación laboral temporal no Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 Entrada en vigor e duración

As listas entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. A súa duración será ata que se publique unha nova listaxe de solicitantes.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Listas contratación

 

Formación dunha lista para provisión de prazas de Auxiliar de Axuda no Fogar para o Concello de San Sadurniño (A Coruña)

CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

BASES PARA A FORMACIÓN, MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS, DUNHA LISTA PARA A PROVISIÓN DE PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, MEDIANTE CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL A TEMPO PARCIAL

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria, regulado no Real decreto 496/03, do 2 de maio, ou en posesión ou en proceso de obtención do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Aquelas persoas que estén tramitando a expedición directa do certificado de profesionalidade a partir da formación ocupacional recibida con anterioridade á entrada en vigor do actual sistema de certificados achegarán documentación acreditativa do mesmo (carta de comunicación da D.X. de formación e colocación ou xustificante do trámite, tendo que ser iniciado antes da finalización do periodo de presentación de instancias para a participación nas seleccións previstas no presente proceso selectivo).

Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B.

INSTANCIAS:

As instancias para participar no presente concurso, dirixiranse ao Sr. alcalde do Concello de San Sadurniño, e presentaranse no Rexistro Xeral, no prazo comprendido entre a data de inserción do anuncio de aprobación destas bases nun xornal de tirada comarcal, nos taboleiros de anuncios municipais e na páxina web do Concello (www.sansadurnino.es) e os días 5 de outubro e 5 de febreiro e 5 de xuño, dez días naturais antes da data prevista para cada unha das tres xuntanzas anuais da comisión seleccionadora previstas na base oitava.

As instancias poderán presentarse tamén na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pero quen así o faga, terá que enviar un fax o mesmo día coa instancia e os documentos que se especifican no anexo I n.º 1, n.º 2 e n.º 3 selados, ao número 981 490 474.

Ás instancias xuntaráselles a totalidade da documentación indicada no anexo I das bases, en orixinal ou fotocopia compulsada.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases  Auxiliar de Axuda no Fogar