Contratación dun/dunha Auxiliar Administrativo/a en réxime de interinidade para o Concello de Celanova (Ourense)

CONCELLO DE CELANOVA

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

PROVISIÓN, EN RÉXIME DE INTERINIDADE, DUNHA PRAZA VACANTE DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Cando se aleguen equivalencias de títulos achegarase, no seu día, certificado para os efectos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuí-lo documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

INSTANCIAS:

As instancias, dirixiránselle ó alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do concello ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 30 DE SETEMBRO ATA O DÍA 19 DE OTUBRO DE 2011

Coa instancia acompañarase unha copia cotexada do DNI e os documentos acreditativos dos méritos ós que fai referencia a fase de concurso.

 

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Auxiliar