GALICIA: Apertura plazo para solicitar plazas de interinidades y sustituciones en el cuerpo de profesores de enseñanza secundaria, especialidad de análisis y química industrial; profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio, servicios a la comunidad y soldadura; profesores de música y artes escénicas, en las especialidades de contrabajo, gaita gallega y viola, y profesores de artes plásticas y diseño, especialidad de materiales y tecnología: diseño.

Se publica en el DOG de 23 de octubre de 2012 anuncio de 2 de octubre de 2012, de la Dirección General de Centros y Recursos Humanos, por el que se comunica la apertura de un plazo para solicitar plazas de interinidades y sustituciones en el cuerpo de profesores de enseñanza secundaria, especialidad de análisis y química industrial (590102); profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio (591208), servicios a la comunidad (591225) y soldadura (591228); profesores de música y artes escénicas, en las especialidades de contrabajo (594406), gaita gallega (594413) y viola (594431), y profesores de artes plásticas y diseño, especialidad de materiales y tecnología: diseño (595520).

Plazo de presentación de instancias abierto hasta el día 2 de noviembre de 2012.

GALICIA: Publicadas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a Persoal Funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN DO 5 DE OUTUBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS PROVISIONAIS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NO ARTIGO 6 DO DECRETO 37/2006, DO 2 DE MARZO

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a inclusión nas listas elaboradas de conformidade con este decreto, que se atopan en xestión, e unha vez que a Comisión Permanente Central acordou, na súa xuntanza do día 21 de setembro do presente ano, elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes, a Dirección Xeral da Función Pública

Resólvese:

– Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I da resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

–   As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

PRAZO PARA PRESENTAR RECLAMACIÓNS: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 23 DE OUTUBRO DE 2012

As reclamacións presentaránse ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listas de contratacion temporal.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Listas Contratación

GALICIA: Escola Galega de Administración Pública: Convocatoria dunha Bolsa de Formación en Competencias Técnicas vinculadas a Sistemas de Xestión da Teleformación.

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS TÉCNICAS VINCULADAS A SISTEMAS DE XESTIÓN DA TELEFORMACIÓN

______________________________________________________________________________________________________________

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP. Os/as destinatarios/as desta bolsa recibirán formación titoriada e colaborarán na aplicación formativa das novas tecnoloxías aos empregados públicos.

As liñas de especialización tratarán sobre materias tales como:

– Elaboración de recursos educativos e-learning.

– Administración de sistemas informáticos do contorno da formación.

– Integración de ferramentas colaborativas 2.0 no contorno da formación.

Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar estas bolsas todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (Informática de Sistemas, Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, Administración de Sistemas Informáticos, Desenvolvemento de Produtos Electrónicos e Informática de Xestión).

Solicitudes:

As solicitudes formalizaranse no modelo que se achega como anexo I a esta convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes e a documentación que se sinala na base cuarta presentarase no Rexistro Xeral deste organismo, situado na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o da EGAP ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicar á EGAP esta circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 981 54 63 37) ou telegrama.

Tamén se poderá presentar en sede electrónica no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 DE XUÑO ATA O DÍA 1 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa

GALICIA: Escola Galega de Administración Pública: Convocatoria dunha Bolsa de formación na Área de Documentación e Biblioteconomía

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

_______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN NA ÁREA DE DOCUMENTACIÓN E BIBLIOTECONOMÍA

_______________________________________________________________________________________________________________

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación na área da documentación e a biblioteconomía mediante colaboración titoriada na xestión de fondos documentais e bibliográficos da EGAP.

Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditadas algunha das seguintes titulacións universitarias: diplomatura en Biblioteconomía e Documentación, ou licenciatura en Biblioteconomía ou Documentación.

Solicitudes:

As solicitudes formalizaranse no modelo que se achega como anexo I a esta convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes e a documentación que se sinala na base cuarta presentarase no Rexistro Xeral deste organismo, situado na rúa Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o da EGAP ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicar á EGAP esta circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 981 54 63 37) ou telegrama.

Tamén se poderá presentar en sede electrónica, no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 DE XUÑO ATA O DÍA 1 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa

GALICIA: Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a Persoal Funcionario e para a contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia

CONSELLERÍA DE FACENDA – XUNTA DE GALICIA

_______________________________________________________________________

 RESOLUCIÓN DO 14 DE MAIO DE 2012, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE, DE CONFORMIDADE CO ARTIGO 12 DO DECRETO 37/2006, DO 2 DE MARZO, SE FAI PÚBLICA A ACTUALIZACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS CORRESPONDENTE AO ANO 2011 DAS LISTAS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

_______________________________________________________________________________________________________________

Unha vez finalizado o prazo fixado pola Resolución do 13 de febreiro de 2012 (DOG n.º 35, do 20 de febreiro), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/polos interesadas/os, a Comisión Permanente Central acordou, na reunión do 3 de maio de 2012, elevar a correspondente proposta, polo cal, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a actualización definitiva de méritos, con indicación da puntuación total, unha vez incluídos os novos méritos dos integrantes das listas para a cobertura con carácter transitorio de postos de traballo reservados a funcionarios correspondentes aos corpos e ás escalas que se especifican no anexo I desta resolución e dos incluídos nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (Dende o día 23 de maio de 2012)

As listas atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén poden consultarse na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe «Función pública».

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Resolución actualización de méritos

LISTAS CONTRATACIÓN – XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben porque haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/dos interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2011 e o número de inscritos/as en cada lista, esta dirección xeral dispón:

–     Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.  

–     RELACIONAR AS LISTAS CORRESPONDENTES AOS GRUPOS, CATEGORÍAS, CORPOS E ESCALAS QUE SE ATOPAN ABERTAS E EN QUE AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN PRESENTAR SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NO PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 1 DE MARZO E O 15 DE XULLO DESTE ANO (ANEXO II). 

–     Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e en que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo III).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: listas contratación

Convocadas 8 Bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no centro Ramón Piñeiro para a investigación e humanidades e se procede á súa convocatoria. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

________________________________________________________________________________________________________________________________________

ORDE DO 31 DE DECEMBRO DE 2011 POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN O CONCURSO PÚBLICO DE OITO BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA (ED109A).

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

As actividades de formación iniciaranse previsiblemente o 1 de abril de 2012 e rematarán o 31 de marzo de 2014. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

Requisitos xerais dos/as solicitantes

a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión do título universitario de licenciado ou licenciada exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2004-2005 ou posterior.

c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.

d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG n.º 188, do 30 de setembro).

f) Os/as solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberán xuntar a correspondente tradución xurada. A certificación do expediente académico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, do 18 de setembro) como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

Presentación de solicitudes e prazo

As solicitudes formalizaranse no modelo ED109A que se publica como anexo VIII a esta orde asinadas polo/a interesado/a. Os formularios da solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades https://www.cirp.es

A presentación de solicitudes farase por calquera das seguintes vías:

a) Por vía escrita (en soporte papel) nos lugares que se indican:

– No Rexistro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (estrada Santiago-Noia, km 3, A Barcia, 15896 Santiago de Compostela).

– No Rexistro Único da Xunta de Galicia, ou ben en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a presentación de instancias.

– Nas oficinas de Correos, en sobre aberto, para que sexa datada e selada na cabeceira da primeira folla polo/a empregado/a de Correos antes de que proceda á súa certificación postal. Non se admitirán como medio de presentación de solicitudes os servizos de mensaxaría privados. As solicitudes subscritas no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicarlle ao centro a dita circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 981 54 25 53), e remitirán copia da solicitude co correspondente selo de presentación no prazo establecido nun rexistro válido.

b) Por vía electrónica. O acceso dos/das interesados ao rexistro electrónico da Xunta de Galicia estará dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es, de acordo co estipulado na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e no Decreto 191/2011, do 22 de setembro, de organización e funcionamento dos rexistros da Administración xeral e das entidades públicas instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de utilizar a vía electrónica, os/as interesados deberán posuír un DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital en vigor baixo a norma X.509 V3 recoñecido pola plataforma de validación e sinatura electrónica@firma. Xunto cos formularios de solicitude deberá achegarse a documentación a que se fai referencia na base sexta da convocatoria, que deberá cumprir os requisitos sinalados no artigo 27 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro. Aqueles documentos non dispoñibles en formato electrónico e que pola súa natureza non sexan susceptibles de achega nun formato electrónico válido, deberán presentarse a través das vías previstas no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 13 DE XANEIRO ATA O DÍA 13 DE FEBREIRO DE 2012

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Bolsa

 

Publicadas as listaxes provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a Personal Funcionario e a contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia

XUNTA DE GALICIA

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 22 DE NOVEMBRO DE 2011, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAXES PROVISIONAIS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________ 

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a inclusión nas listaxes elaboradas de conformidade co previsto neste decreto que se atopan en xestión, unha vez que a Comisión Permanente Central acordou, na súa xuntanza do día 15 de novembro:

Facer públicas as listaxes provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I da resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

As listaxes atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función pública.

Nas devanditas listaxes figura a seguinte información: Solicitantes admitidos na listaxe con indicación da puntuación provisional e solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles ( DENDE O DÍA 1 ATA O DÍA 14 DE DECEMBRO DE 2011), para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

 Xunto coas ditas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación que emende a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia para o mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, segundo modelo que figura como anexo III a esta resolución, que deberá ser expedida polas unidades seguintes:

? Servizos centrais: secretaria/o xeral, subdirectora/o xeral ou xefas/es de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

? Servizos periféricos: xefas/es territoriais ou, se é o caso, funcionaria/o responsable da área de persoal das xefaturas territoriais da consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Certificación de servizos prestados en municipios ou mancomunidades de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables, para o persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta resolución, que deberá ser expedida pola/o secretaria/o do concello.

No suposto de que algún dos excluídos das citadas listaxes non presente a documentación referida no parágrafo anterior, quedará definitivamente excluído.

 Os solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listaxes de contratación temporal.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Resolución listas contratación

Aberto o prazo para anotarse en diferentes Corpos e Escalas de Persoal Funcionario e Laboral da Xunta de Galicia

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA ANOTARSE NOS DIFERENTES CORPOS E ESCALAS DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL DA XUNTA DE GALICIA

PERSOAL FUNCIONARIO

Corpo Superior Aberta
Corpo Xestión Aberta
Corpo Administrativo Aberta
Corpo Auxiliar Administrativo Pechada
Agrupación Profesional Aberta

 PERSOAL LABORAL 

Auxiliar Fogar/Coidador Aberta
Legoeiro Aberta
Conductor Aberta
Oficial 2ª Cociña Aberta
Oficial 1ª Conductor Aberta

Naquelas listas que se atopen pechadas, só poderán inscribirse aqueles que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 DE MARZO ATA O 15 DE XULLO DE CADA ANO

Os documentos que deberán presentar os interesados son os seguintes:

    – Solicitude de inscrición debidamente cuberta.

    – Impreso do pago da taxa.

    – Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.

    – Fotocopia do DNI.

    – Fotocopia debidamente compulsada que acredita a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

Elaboración das listas: No período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano.

Lista provisional de Admitidos e Excluidos: Será obxecto de publicación no DOG, dándose un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións ou subsanar causas de exclusión.

Lista definitiva de Admitidos e Excluidos: Publicarase no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

Baremación de méritos:

    – Os servizos prestados no mesmo grupo, corpo escala e categoría.

    – Os exercicios superados no último proceso selectivo para o mesmo grupo, corpo escala ou categoría da Xunta de Galicia.

    – Os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia.

Estes méritos puntuaranse de oficio.

Actualización de méritos: Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización no mes de febreiro de cada ano, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións.

Unha vez revisadas as alegacións, publicarase a lista definitiva no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada. A puntuación por exercicios superados do último proceso selectivo actualizarase o día seguinte á publicación do nomeamento no DOG dos aspirantes que superaron o citado proceso.

Cambio de datos persoais: O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio dos seus datos persoais en calquera momento, facéndose efectivo aos 15 días naturais dende a súa presentación.

Modificación de ámbitos: O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio de ámbitos no mes de xaneiro, facéndose efectiva o 1 de marzo dese mesmo ano. Os integrantes das listas de categorías do Pladiga que desexen modificar o concello de empadroamento farano, no mes de xaneiro, coa mesma solicitude de modificación de ámbitos e achegarán o certificado de empadroamento.

Suspensión de chamamentos: Os integrantes das listas que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión de chamamentos para non ser citados. Esta solicitude é irrenunciable. Producirá efectos aos dez días da súa presentación no rexistro do órgano competente. A suspensión poderá solicitarse por períodos de 2, 6 ou 12 meses. Calquera citación recibida antes de ser efectiva a suspensión deberá ser atendida polo interesado xa que en caso contrario quedará excluído da lista.

Se un integrante das listas non acude a un chamamento ou renuncia a éste quedará excluído da lista por un ano, podendo presentar reclamación ante a Comisión Permanente Central. A situación dos integrantes das listas poderá consultarse na páxina web da Xunta de Galicia así coma as citacións pendentes.

 

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:

Listas Contratación

 

Apertura de un plazo para solicitar plazas de interinidades y sustituciones en el cuerpo de profesores de escuelas oficiales de idiomas, especialidad de árabe (CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN Y ORDENACIÓN UNIVERSITARIA – GALICIA)

Está abierto el plazo para posibles interinidades y sustituciones para el Cuerpo de profesores de escuelas oficiales de idiomas: Especialidad: Árabe.

El plazo para presentar la instancia de solicitud será de diez días naturales contados a partir del día siguiente al de la publicación de este anuncio en el Diario Oficial de Galicia (DOG 24/9/2010; plazo de instancias hasta el 4/10/2010).

Solicitud:

El modelo de solicitud podrá ser recogido en la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, en sus departamentos territoriales, y está a disposición también en la página web de la consellería, en la dirección https://www.edu.xunta.es/web/node/1466  (xestión de profesorado; interinos e substitutos).