LISTAS CONTRATACIÓN – XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, se acorda o peche de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas.

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, establece que en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada porque non se produzan contratacións ou nomeamentos, ou ben porque haxa un excesivo número de inscritas/os, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes ata a resolución dun novo proceso selectivo para ese grupo, categoría, corpo e escala, coa excepción das/dos interesadas/os que superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade.

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2011 e o número de inscritos/as en cada lista, esta dirección xeral dispón:

–     Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas que se indican no anexo I.  

–     RELACIONAR AS LISTAS CORRESPONDENTES AOS GRUPOS, CATEGORÍAS, CORPOS E ESCALAS QUE SE ATOPAN ABERTAS E EN QUE AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN PRESENTAR SOLICITUDE DE INCLUSIÓN NO PERÍODO COMPRENDIDO ENTRE O 1 DE MARZO E O 15 DE XULLO DESTE ANO (ANEXO II). 

–     Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas pechadas e en que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo do corpo, escala, grupo e categoría correspondente ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia para a lista correspondente (anexo III).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: listas contratación