GALICIA: Escola Galega de Administración Pública: Convocatoria dunha Bolsa de Formación en Competencias Técnicas vinculadas a Sistemas de Xestión da Teleformación.

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

______________________________________________________________________

RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2012 POLA QUE SE CONVOCA UNHA BOLSA DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS TÉCNICAS VINCULADAS A SISTEMAS DE XESTIÓN DA TELEFORMACIÓN

______________________________________________________________________________________________________________

Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa destinada a formar especialistas en aspectos técnicos relativos ao ámbito da teleformación, tales como sistemas informáticos e telemáticos, desenvolvementos, bases de datos e contornos de desenvolvemento cliente/servidor, dentro das tarefas de formación que ten encomendada a EGAP. Os/as destinatarios/as desta bolsa recibirán formación titoriada e colaborarán na aplicación formativa das novas tecnoloxías aos empregados públicos.

As liñas de especialización tratarán sobre materias tales como:

– Elaboración de recursos educativos e-learning.

– Administración de sistemas informáticos do contorno da formación.

– Integración de ferramentas colaborativas 2.0 no contorno da formación.

Requisitos dos solicitantes:

Poderán solicitar estas bolsas todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan o seguinte requisito no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

– Acreditar ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2002 e acreditada algunha titulación en FP de ciclo superior ou FP II, en calquera especialidade relacionada coa informática (Informática de Sistemas, Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, Administración de Sistemas Informáticos, Desenvolvemento de Produtos Electrónicos e Informática de Xestión).

Solicitudes:

As solicitudes formalizaranse no modelo que se achega como anexo I a esta convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

As solicitudes e a documentación que se sinala na base cuarta presentarase no Rexistro Xeral deste organismo, situado na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera dos lugares referidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de presentar a solicitude nun rexistro que non sexa o da EGAP ou de remitila por correo, o/a interesado/a deberá comunicar á EGAP esta circunstancia, no mesmo día, a través de fax (ao número 981 54 63 37) ou telegrama.

Tamén se poderá presentar en sede electrónica no seguinte enderezo: https://sede.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 1 DE XUÑO ATA O DÍA 1 DE XULLO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Bolsa