GALICIA: Publicadas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a Persoal Funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN DO 5 DE OUTUBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS PROVISIONAIS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NO ARTIGO 6 DO DECRETO 37/2006, DO 2 DE MARZO

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para a inclusión nas listas elaboradas de conformidade con este decreto, que se atopan en xestión, e unha vez que a Comisión Permanente Central acordou, na súa xuntanza do día 21 de setembro do presente ano, elevar a este centro directivo as listaxes correspondentes, a Dirección Xeral da Función Pública

Resólvese:

– Facer públicas as listas provisionais para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I da resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, con indicación das puntuacións provisorias resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

–   As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

PRAZO PARA PRESENTAR RECLAMACIÓNS: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 23 DE OUTUBRO DE 2012

As reclamacións presentaránse ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes provisionalmente admitidos ou excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006, que se encontra á súa disposición na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe de listas de contratacion temporal.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Listas Contratación