Contratación de 5 Auxiliares de Policía Local para o Concello de Ribeira (A Coruña)

CONCELLO DE RIBEIRA

______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE CINCO AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión (ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias) do título académico de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar ou doutro equivalente ou que os englobe, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

INSTANCIAS:

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor alcalde, en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación.

As ditas solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 28 DE ABRIL ATA O DÍA 7 DE MAIO DE 2012

Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias (número de fax do Concello: 981 871610), ou ben mediante correo electrónico enviando un e-mail á dirección [email protected]

Se, conforme a este precepto se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparecer o selo na propia solicitude.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases contratación