Convocadas 2 Bolsas de Colaboración para a realización de tarefas de Información en Oficinas de Turismo do Concello do Rosal (Pontevedra)

CONCELLO DO ROSAL

______________________________________________________________________________________________________________________________________

 CONVOCATORIA PÚBLICA DE DÚAS BOLSAS DE COLABORACIÓN PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE INFORMACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO DESTE CONCELLO

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo, ou Técnico Superior de Información e Comercialización Turística, no momento da convocatoria do proceso de selección.

A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2003 ou con posterioridade a esta data. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán ser validados ou recoñecidos.

INSTANCIAS:

As instancias solicitando tomar parte nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Concello.

Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos na Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Nestes casos, o solicitante deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ao Concello a remisión da oferta. Poderá facelo mediante fax (986626034), ou correo electrónico ([email protected]).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 28 DE ABRIL ATA O DÍA 12 DE MAIO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases bolsa