GALICIA: Concello de Cedeira (A Coruña):Corrección de erros nas bases específicas para a formación das bolsas de traballo para realizar contratacións temporais ou nomeamentos interinos como Mestre/a e como Monitor/a e apertura do prazo de presentación de instancias

CONCELLO DE CEDEIRA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DAS BOLSAS DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS COMO MESTRE/A E COMO MONITOR/A

_______________________________________________________________________________________________________________

Por resolución da Alcaldía de data 06 de xuño de 2012 correxíronse os erros detectados nas “Bases específicas para a formación das bolsas de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como mestre/a e como monitor/a para o desenvolvemento do servizo de “Igualdade, xogo e conciliación”.

As bases e a corrección de erros están expostos no taboleiro de anuncios e na páxima web www.concellocedeira.es deste Concello.

Unha vez subsanados os erros, procédese á apertura do prazo de presentación de instancias.

PRAZO: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 25 DE XUÑO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Corrección erros