GALICIA: Concello de Baleira (Lugo): Contratación dun/dunha Mecánico/a e 3 postos de Conductores de camión motobomba

CONCELLO DE BALEIRA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

______________________________________________________________________________________________________________

– Postos: Un posto de mecánico para mantemento e reparación de vehículos e demais maquinaria do concello e tres postos de conductores do camión motobomba.

– Modalidade contractual: Contrato laboral temporal a tempo completo.

– Duración prevista do contrato: contrato por obra o servizo cunha duración aproximada de tres meses e medio.

– Requisitos: acreditación de ter os coñecementos necesarios para o desempeño dos devanditos postos ademais dos esixidos con carácter xeral na lexislación vixente.

No caso dos conductores para o camión motobomba o carné de conducir que habilite para a conducción do vehículo motobomba do Concello así como os esixidos mediante Convenio a formalizar coa Xunta de Galicia quedando a contratación condicionada á formalización do Convenio coa Consellería do Medio Rural que subvencione as devanditas contratacións.

– Criterios de selección: Os establecidos nas Bases Xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Concello de Baleira, publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Nº 292 de 22 de decembro de 2010 .

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 23 ATA O DÍA 27 DE XUÑO DE 2012

– Data de selección: 29 de xuño de 2012.A entrevista contemplada nas bases realizaráse o día 29 de xuño ás 9:00 horas.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación