LUGO: Concello do Vicedo: Publicada a lista de admitidos/as e excluídos/as e a designación do Tribunal para a provisión dunha praza de Padexeiro/Operario de Servizos múltiples

CONCELLO DO VICEDO

_______________________________________________________________________

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE PADEXEIRO/OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES E DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR

_______________________________________________________________________________________________________________

Vista a resolución da Alcaldía de data 11 de abril de 2012, na que se aprobaba a lista provisional de admitidos e excluídos da convocatoria en relación coa selección dun padexeiro – operario de servizos múltiples.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de aspirantes e examinadas as alegacións presentadas polos aspirantes excluídos da convocatoria.

RESÓLVESE:

Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada.

O Tribunal constituirase o día 8 de xuño de 2012, ás 10:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello do Vicedo.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas