LUGO: Concello do Vicedo: Publicada a lista de admitidos/as e excluídos/as e a designación do Tribunal para a provisión dunha praza de Padexeiro/Operario de Servizos múltiples

CONCELLO DO VICEDO

_______________________________________________________________________

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE PADEXEIRO/OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES E DESIGNACIÓN DO TRIBUNAL CUALIFICADOR

_______________________________________________________________________________________________________________

Vista a resolución da Alcaldía de data 11 de abril de 2012, na que se aprobaba a lista provisional de admitidos e excluídos da convocatoria en relación coa selección dun padexeiro – operario de servizos múltiples.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de aspirantes e examinadas as alegacións presentadas polos aspirantes excluídos da convocatoria.

RESÓLVESE:

Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada.

O Tribunal constituirase o día 8 de xuño de 2012, ás 10:00 horas, no salón de sesións da Casa do Concello do Vicedo.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas

LUGO: Diputación Provincial: Publicadas as bases xerais e específicas para cubrir 5 prazas de Administrativo, pola quenda de promoción interna

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

________________________________________________________________________

BASES XERAIS E  ESPECÍFICAS PARA O ACCESO A 5 PRAZAS DE ADMINISTRATIVO , ENCADRADAS NA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO C- SUBGRUPO C1, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DESTA DEPUTACIÓN, RESERVADAS A PROMOCIÓN INTERNA

_________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do Título de bacharelato ou técnico ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias ou ter unha antigüidade de dez anos nun corpo ou escala do grupo D ( hoxe grupo C- subgrupo C2), ou cinco anos e a superación dun curso de formación específica ou que se accedera por criterios obxectivos.

INSTANCIAS:

Os que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar a solicitude no modelo oficial que se facilitará na Unidade de Selección, Promoción e Carreira e na páxina web www.deputacionlugo.org.

As instancias correspondentes dirixiranse ao Presidente da Deputación Provincial.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Vinte días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación do extracto da Convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial de Lugo, ou nos lugares que determina o artigo 38 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria