Publicadas as listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as para cubrir 1 praza de Arquitecto/a Técnico/a para o Concello de Lugo

CONCELLO DE LUGO

_______________________________________________________________________

DE CONFORMIDADE CO PREVISTO NA BASE DUODÉCIMA DAS XERAIS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A PRAZAS DE FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO EN QUENDA LIBRE, APROBADAS POLO ACORDO Nº 17/574 DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL, DE DATA DO 18-6-2008, E Ó TERSE REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS DO PROCEDEMENTO SELECTIVO CONVOCADO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A

_______________________________________________________________________________________________________________

Esta Alcaldía, en virtude das atribucións conferidas polos artigos 124 e 127 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como do acordo nº 2/444 da Xunta de Goberno Local, do 27 de xuño do 2011, en relación cos Decretos nºs. 60/2011 e 70/2011 do Libro de Resolucións da Alcaldía: Actas e Goberno e Normalización Lingüística, do 23 de xuño e 18 de xullo, respectivamente, RESOLVE:

Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos no citado procedemento selectivo convocado polo Decreto 12001079, de data do dezasete de febreiro de dous mil doce obrante no Libro de Resolucións e publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 052, do 3 de marzo de 012 e correspondente as prazas incluídas na Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo para o ano 2011, en quenda libre.

PRAZO DE ENMENDAS: DENDE O DÍA 7 ATA O DÍA 18 DE MAIO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas provisionais