CONCELLO DO PORRIÑO
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA PARA CUBRIR 4 PRAZAS DE POLICÍA LOCAL DESTE CONCELLO, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2011
_______________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición libre ( 3 prazas). Concurso de méritos para a quenda de movilidades horizontal ( 1 praza)
TITULACIÓN REQUIRIDA: Bacharelato, técnico superior de formación profesional), ou as súas equivalencias en anteriores ou novos plans de estudios), que se acreditará mediante a presentación do titulo oficial ou copia autenticada deste, e, no seu defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo.
– Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP. Deberase achegar fotocopia compulsada dos ditos permisos.
INSTANCIAS:
As solicitudes dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello do Porriño, e presentaranse no Rexistro Xeral, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 9,00 a 13,00 horas ós sábados.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 2 HATA O DÍA 21DE MAIO DE 2012
As solicitudes tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas antes de seren certificadas.
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Convocatoria