CONCELLO DE LALÍN
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA DUN PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA 2010
_______________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título universitario de licenciado en dereito, en económicas, en administración e dirección de empresas, en ciencias políticas ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
INSTANCIAS:
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Lalín. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza ou posto convocado ao que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou da tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de estranxeiros e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados.
No Rexistro Xeral do Concello, facilitaráselles aos interesados un modelo de solicitude, que será de utilización voluntaria.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Vinte (20) días naturais; contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Convocatoria