CONCELLO DE ABEGONDO
_______________________________________________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO, PARA ACCESO A PRAZAS VACANTES, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE ABEGONDO (A CORUÑA ) DO ANO 2010, NO PROCEDEMENTO DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO
__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
PRAZA: Auxiliar de información
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ou equivalente) ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
INSTANCIAS:
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. alcalde-presidente do Concello de Abegondo, presentándose no Rexistro Xeral deste (ou na forma prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE)
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria