GALICIA: Concello de Begonte: Publicadas as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, Tribunal e data do primeiro exercicio para cubrir unha praza de Traballador/a Social

CONCELLO DE BEGONTE

_______________________________________________________________________

APROBADAS A LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS PARA AS PROBAS SELECTIVAS CONVOCADAS PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL VACANTE NA PLANTILLA MUNICIPAL

_______________________________________________________________________________________________________________

Vista a resolución desta Alcaldía de data 6 de xuño de 2012, pola que se aproba a lista provisional de admitidos e excluídos para participar nas probas selectivas convocadas para cubrir como persoal funcionario e mediante concurso- oposición libre unha praza de traballador/a social, vacante na plantilla municipal.

Rematado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de aspirantes e examinadas as alegacións presentadas durante o prazo sinalado para emendas.

Resólvese:

– Aprobar a lista definitiva de admitidos e excluídos no citado procedemento selectivo

– Designar ao Tribunal cualificador do devandito proceso selectivo

– Convocar asemade, en único chamamento, aos aspirantes admitidos aos efectos da realización do 1º exercicio da oposición , que se desenvolverá a partires das 09,30 horas da mañá do día 23 de Xullo de 2012, na Casa de Cultura, sita na Avda. de Galicia nº 54, de Begonte.

* Os aspirantes deberán ir provistos de D.N.I. ou pasaporte.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Lista definitiva