GALICIA: Concello de Ares ( A Coruña): Publicada a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as, Tribunais e data de realización do primeiro exercicio para cubrir 1 praza de Administrativo

CONCELLO DE ARES

______________________________________________________________________

APROBACIÓN DA LISTA DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS NO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DESIGNACIÓN DE COMISIÓN SELECCIONADORA E DATA DE COMEZO DAS PROBAS

_____________________________________________________________________________________________________________

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar na provisión en propiedade da praza incluída no oferta de emprego público 2011, grupo C, subgrupo C1, Administración xeral, Subescala Administrativa, de conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta Local de Goberno o día 15/12/2011 en virtude do artigo 233.3 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, xunto coa convocatoria efectuada no BOE núm. 14, de data 17/01/2012, e en virtude do artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que por se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado,

Resólvese:

– Aprobar con carácter provisional a relación de aspirantes admitidos e excluídos:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS: DEZ DÍAS

Realización do primeiro exercicio:

Comezará o día 6 de setembro do 2012, ás 13.00 horas, no Concello de Ares, debendo portar o aspirante a documentación acreditativa persoal.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Lista provisional

GALICIA: Concello de Ourense: Publicadas as bases para cubrir 1 praza de Economista

CONCELLO DE OURENSE

_______________________________________________________________________

BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN AS PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE ECONOMISTA, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2011

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA:  Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, na data en que finalice o prazo de presentación de instancias, do título universitario de licenciado/a en Económicas ou equivalente.

INSTANCIAS:

As instancias nas que se solicite tomar parte no proceso selectivo, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC) e o artigo 2 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio, que regula a presentación de solicitudes, e en calquera das formas establecidas no artigo 3 do Real decreto 772/1999.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases específicas

GALICIA:Concello de Ourense:Publicadas as bases da convocatoria para cubrir 2 prazas de Traballador/a Social

CONCELLO DE OURENSE

_________________________________________________________________________

BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN AS PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR DÚAS PRAZAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO DO ANO 2011

__________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión, ou en condicións de obtelo, na data na que finalice o prazo de presentación de instancias, do título universitario de diplomado/a en Traballo Social ou equivalente.

INSTANCIAS:

As instancias nas que se solicite participar no proceso selectivo presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC) e artigo 2 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio, que regula a presentación de solicitudes, e en calquera das formas establecidas no artigo 3 do Real decreto 772/1999.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases específicas

LA RIOJA: Ayuntamiento de Santo Domingo de la Calzada: un/a profesor/a para atender el módulo de educación de adultos integrado en el centro de EPA Rioja Alta (temporal)

Se publica en el BO de La Rioja de 25 de julio de 2012 las Bases para la contratación laboral temporal de un/a profesor/a para atender el módulo de educación de adultos integrado en el centro de EPA Rioja Alta.

La duración del contrato será desde el día 1 de septiembre de 2012 al 30 de junio de 2013.

El plazo de presentación de instancias finaliza el día 14 de agosto de 2012.