CONCELLO DE TRAZO
______________________________________________________________________
ANUNCIO DA RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS, TRIBUNAL CUALIFICADOR E DATA DA PRIMEIRA PROBA, NO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO
______________________________________________________________________________________________________________
Rematado o prazo de presentación de alegacións á lista provisional de aspirantes admitios e excluídos para a provisión en propiedade da seguinte praza:
– Grupo C, subgrupo C2, clasificación: Escala de Administración Xeral, subescala: auxiliar administrativo, número de vacantes: 1, denominación: auxiliar administrativo, nivel: 18.
De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas pola Xunta de Goberno Local, en sesión de data 30/12/2011, e en virtude do artigo 20 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado,
Resolvese:
– Publicar a relación definitiva de admitidos e excluídos
Publicar a composición do Tribunal cualificador.
Realización do primeiro exercicio:
Día: 31 de xullo de 2012
Hora: 11.00 horas
Lugar: Pavillón Polideportivo de Viaño Pequeno (ao lado da Casa do Concello de Trazo)
Os aspirantes deben aportar a documentación acreditativa persoal
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas