Convocada unha praza de Auxiliar Administrativo – Auxiliar de Animación Sociocultural para o Concello de San Cristovo de Cea (Ourense)

CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA

_____________________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO – AUXILIAR DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL DESTE CONCELLO POLA QUENDA DE CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. 

INSTANCIAS:

As instancias, segundo o modelo que se detalla no anexo I das bases, para a quenda de consolidación de emprego temporal, dirixiranse ó alcalde do Concello da San Cristovo de Cea, e presentaranse no Rexistro Xeral.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS SERÁ DE 20 DÍAS A CONTAR DENDE O DÍA SEGUINTE A PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DA CONVOCATORIA NO BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO.

A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante, co seu enderezo e a denominación da praza convocada á que opta, achegando unha copia compulsada do DNI.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse en sobre aberto para seren seladas e datadas antes de seren certificadas.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:  Bases Auxiliar