Publicada a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as para cubrir 1 praza de Operario de Servizos Varios -Peón ordinario para o Concello de Fornelos de Montes (Pontevedra)

CONCELLO  DE FORNELOS DE MONTES

_______________________________________________________________________

APROBADA A LISTA DEFINITIVA DUNHA PRAZA CORRESPONDENTE AO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO COA CATEGORÍA DE OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS-PEÓN ORDINARIO

_______________________________________________________________________________________________________________

Rematado o prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo convocado por acordo da xunta de goberno local de data 29 de decembro de 2011 para a provisión, mediante concursooposición libre, dunha praza correspondente ao cadro de persoal laboral fixo coa categoría de operario de servizos varios-peón ordinario e de conformidade co previsto nas Bases VII e VIII da convocatoria,

Apróbase a lista definitiva de aspirantes admitidos ó referido proceso selectivo, ao non haber ningún/a excluído/a á lista de admitidos.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica daqueles.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Lista definitiva