Convocada 1 praza de Operario de Servizos Varios: Cemiterio e 1 praza de Operario de Servizos: Recollida de lixo para o Concello de Baiona (Pontevedra)

CONCELLO DE BAIONA

_________________________________________________________________________

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR 1 PRAZA DE OPERARIO DE SERVIZOS VARIOS: CEMITERIO, E 1 PRAZA DE OPERARIO DE SERVIZOS: RECOLLIDA DE LIXO, VACANTES DE PERSOAL LABORAL FIXO DO CONCELLO DE BAIONA E INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2010

__________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao Alcalde, cuxo modelo se facilitará polo Concello no Rexistro Xeral.

A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación do posto convocado ó que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade non caducado ou a tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios e, no seu caso, da documentación acreditativa dos méritos alegados debidamente compulsados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria

Publicada a Oferta de Emprego Público para o Concello de Baiona (Pontevedra)

CONCELLO DE BAIONA

________________________________________________________________________

POR RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DE DATA 09/03/2012 APRÓBASE A OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO CORRESPONDENTE Ó ANO 2011

________________________________________________________________________________________________________________

Funcionario de Carreira

Denominación Grupo Nº Vacantes
Técnico Administración Xeral A1

1

 

Persoal Laboral Fixo 

Denominación Grupo Nº Vacantes
Opeario de servizos varios – Conductor Agrupacións profesionais

1

 

 

Convocatoria de 1 praza de Psicólogo/a e 1 praza de Traballador/a Social para o Concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

________________________________________________________________________

BASES ESPECIFICAS E CONVOCATORIA PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A 1 PRAZA DE PSICOLOGO/A E A 1 PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CENTRO DE INFORMACION A MULLER PERTENCENTE Á PLANTILLA DE PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCIA RODRIGUEZ, EN QUENDA DE CONSOLIDACION DE EMPREGO TEMPORAL, INCLUIDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2010

________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición

TITULACIÓN REQUIRIDA:

Psicólogo/a: Superior (Psicoloxía)

Traballador/a Social: Asistente Social ou equivalente

INSTANCIAS:

As persoas interesadas en tomar parte no proceso selectivo terán que facelo constar en instancia segundo modelo que se incluirá como anexo nas bases específicas correspondentes e que será facilitada nas dependencias municipais

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 22 DE MARZO ATA O DÍA 10 DE ABRIL DE 2012

A presentación de solicitudes poderá realizarse no Rexistro Xeral do Concello de As Pontes ou en calquera das formas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O horario do Rexistro xeral do Concello de As Pontes é de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres e de 09:00 a 13:00 horas os sábados.

Para máis información, consulta os seguintes enlaces: Bases convocatoria

Convocada 1 praza de Arquitecto/a Técnico/a para o Concello de Lugo

CONCELLO DE LUGO

________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A PERTENCENTE AO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, INCLUIDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2011, PUBLICÁNDOSE NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA NÚMERO 295 DE DATA 27.12.2011

_________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Título de arquitecto técnico ou aparellador.

INSTANCIAS:

As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ó modelo aprobado polo Excmo. Concello de Lugo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 21 DE MARZO ATA O DÍA 10 DE ABRIL DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria

Convocadas 3 prazas de Xefes Equipo Grumir para o Concello de Redondela (Pontevedra)

CONCELLO DE REDONDELA

_____________________________________________________________________________

CONVÓCANSE TRES PRAZAS DE XEFES EQUIPO GRUMIR, PUBLICADAS NA OFERTA PÚBLICA DO 2008, EQUIPARADAS AO GRUPO C2 DA FUNCIÓN PÚBLICA E AS COMPLEMENTARIAS ASIGNADAS AOS POSTOS DE TRABALLO AOS QUE SE ADSCRIBEN AS PRAZAS, COAS FUNCIÓNS INHERENTES Á PRAZA

________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Posuír, polo menos, o título de Educación Secundaria ou Graduado Escolar ou equivalente.

Estar en posesión do carné de conducir clase c, en plena vixencia e sen ningún tipo de limitación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 21 DE MARZO ATA O DÍA 9 DE ABRIL DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria