Publicadas a bases xerais do proceso de selección de 1 praza de Oficial da Policía Local pola quenda de promoción interna e 2 prazas de Peóns de Vías e Obras en quenda libre para o Concello de Bergondo (A Coruña)

CONCELLO DE BERGONDO

_________________________________________________________________________

BASES XERAIS REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN DE FUNCIONARIOS DE CARREIRA E PERSOAL LABORAL FIXO CORRESPONDENTE ÁS PRAZAS VACANTES INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2009 DESTE CONCELLO

__________________________________________________________________________________________________________________

Por Decreto da Alcaldía núm. 112/2012, do 12 de marzo, aprobáronse as bases xerais e específicas, que se transcriben máis adiante, e que regulan o proceso selectivo das prazas de persoal do Concello de Bergondo seguintes: 1 praza de oficial da Policía Local mediante o sistema de concuso-oposición e promoción interna, e 2 prazas de peóns de vías e obras polo mediante o sistema de concuso-oposición en quenda libre.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen participar nos procesos de selección presentarán solicitude dirixida ao alcalde deste Concello de Bergondo.

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Vinte días naturais,contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria específica no Boletín Oficial do Estado.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria