Convocada 1 praza de Administrativo para o Concello do Bolo (Ourense)

CONCELLO DO BOLO

______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL DESTE CONCELLO

_________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

 SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

 TITULACIÓN REQUIRIDA: Posuí-lo título de bacharelato, formación profesional de segundo grado ou equivalente ou en condicións de obtelo, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como anexo II das bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do concello e dirixirase ó alcalde do Concello do Bolo.

Presentarase, debidamente cuberta, no Rexistro Xeral do concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria