Bases e convocatoria para cubrir 2 prazas de Técnico/a de Administración Xeral para o Concello de Ferrol (A Coruña)

CONCELLO DE FERROL

__________________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN, EN PROPIEDADE,  DE DÚAS PRAZAS DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL (OFERTA PARCIAL 2010)

_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición en quenda libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión do título de licenciado en Dereito, licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, licenciado en Administración e Dirección de Empresas, licenciado en Economía, licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, licenciado en Ciencias Actuariais e Financeiras ou equivalentes.

INSTANCIAS:

As instancias en que se solicita tomar parte no proceso selectivo dirixiranse ao Alcalde-Presidente deste Concello debidamente cubertas, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Vinte días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Poderán, así mesmo, remitirse na forma determinada no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace:Bases convocatoria