GALICIA: Publicadas as listas definitivas de persoas admitidas no proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas categorías de: Auxiliar da Función Administrativa, Persoal de Servizos Xerais e Celadores do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 8 DE OUTUBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PROCEDE A DAR PUBLICIDADE ÁS LISTAS DEFINITIVAS DE PERSOAS ASPIRANTES ADMITIDAS, CO NÚMERO DE ORDE E PUNTUACIÓN, CON RESPECTO AO PROCESO DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS ESTATUTARIAS DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

______________________________________________________________________________________________________________

As categorías son as seguintes:

1. Grupo auxiliar da función administrativa.

2. Persoal de servizos xerais.

3. Celador/a.

Nesta primeira xeración de listas tivéronse en conta as persoas aspirantes admitidas con data de inscrición formalizada entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de xaneiro de 2012. Polo que respecta aos méritos computados, foron os causados ata o 31 de decembro de 2011 e acreditados dentro do período anterior.

Resólvese:

Darlle publicidade ás listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e puntuación, nas categorías estatutarias do grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador/a, en canto listaxes de aspirantes para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. Os/as participantes poderán consultar o seu resultado no FIDES/Expedient-e na epígrafe de procesos, selección temporal ou promoción profesional. As listas definitivas de aspirantes admitidos, co número de orde e a puntuación, están accesibles a través da páxina web do organismo: https://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=68800

As listas entrarán en vigor con data do 15 de novembro de 2012, e o chamamento e demais características de xestión das listas serán os previstos no pacto subscrito pola Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CC.OO., CEMSATSE, CIG, CSI.F, UGT e USAE con data do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas