GALICIA: Resolución do Sergas pola que se declara rematado o proceso selectivo para as categorías de: Persoal de Servizos Xerais, Técnico Especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información e Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información

 

Resolución do 4 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo de toma de posesión dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados.

ACORDA:

. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:

– PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

– TÉCNICO/A ESPECIALISTA DE SISTEMA E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

– TÉCNICO/A DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DAS INFORMACIÓN

. Nomear os/as aspirantes seleccionados/as para cada unha das ditas categorías como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

. Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes con carácter de destino definitivo a praza correspondente que figura no citado anexo desta resolución.

Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución, o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 14 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.

Para ver a resolución completa, pica no seguinte enlace: Resolución Sergas