Convócase o proceso de formación de bolsas de traballo para desempeñar interinamente postos de médicos forenses nas sete subdireccións territoriais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).
PRAZAS
– A Coruña: 3 prazas. Cuota de reserva: 4
– Ferrol: 2 prazas. Cuota de reserva: 2
– Santiago de Compostela: 3 prazas. Cuota de reserva: 4
– Lugo: 3 prazas. Cuota de reserva: 4
– Ourense: 3 prazas. Cuota de reserva: 4
– Pontevedra: 3 prazas. Cuota de reserva: 3
– Vigo: 3 prazas. Cuota de reserva: 4
– Nas distintas subdireccións territoriais do Imelga formarase candansúa bolsa de traballo; cada bolsa estará integrada polos candidatos seleccionados, ordenados nunha listaxe en función da puntuación que obtivesen de conformidade co previsto no punto 8 desta resolución. Seguindo a orde da lista, produciranse os nomeamentos como funcionarios interinos para desempeñar os postos de traballo. No caso de se esgotar a bolsa de traballo, chamarase os integrantes da cota de reserva.
– Só se poderá estar incluído nunha bolsa de traballo; se é o caso, o interesado deberá optar por unha bolsa.
– Reservarase o 5% dos postos de cada lista para persoas cun grao de minusvalidez recoñecido superior ao 33%, sempre que acrediten a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas.
-As bolsas de traballo terán unha vixencia de dous anos, agás que se esgote algunha das súas listaxes ou que, por modificacións lexislativas ou por circunstancias especiais, sexa necesario realizar unha nova convocatoria.
Canda a solicitude para a inclusión nas bolsas de traballo deberanse presentar os seguintes documentos:
– Documento nacional de identidade vixente.
– Certificado de empadroamento ou residencia, cando non sexa coincidente co que figura no DNI.
– Documento acreditativo de estar inscrito no servizo público competente como demandante de emprego ou para mellora de emprego.
– Documentación académica acreditativa de estar en posesión da licenciatura en medicina. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberase fornecer a documentación que acredite a súa homologación.
– No caso de persoas con discapacidade presentarase un certificado acreditativo do grao de minusvalidez, así como unha certificación de compatibilidade para o desempeño das funcions.
– No caso de prestar con anterioridade servizos na Administración de xustiza como médico forense interino, farase constar na solicitude especificando o período de tempo.
– Se é o caso, certificación acreditativa da superación de exercicios na última, penúltima ou antepenúltima oposición para o acceso ao corpo nacional de médicos forenses.
– Certificacións ou diplomas acreditativos do resto dos méritos alegados.
A solicitude para a inclusión será única para todas as bolsas de traballo dirixiranse á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e poderanse presentar en calquera dos rexistros administrativos da Xunta de Galicia.
No seguinte enlace poderás atopar o anexo onde aparece o modelo de solicitude:
https://www.xunta.es/doc/Dog2010.nsf/a6d9af76b0474e95c1257251004554c3/b950d8a296ceb589c12576d3004da848/$FILE/03700D001P006.PDF