ADAMS Formación

Descubre nuestros foros sobre oposiciones
Fecha actual Lun 19-08-2019, 01:28

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]




Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 
Autor Mensaje
NotaPublicado: Vie 01-03-2019, 14:15 
Desconectado
Master Memmber
Master Memmber
Avatar de Usuario

Registrado: Lun 11-02-2013, 17:43
Mensajes: 7934
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a oferta de emprego público para este ano ascenderá a 5.833 prazas nos eidos da sanidade, a educación, os servizos sociais e a administración xeral. “A oferta máis alta desde o ano 2008”, aseverou, cun incremento de 97 prazas con respecto á oferta de emprego público do ano pasado.

Logo de precisar que nesta oferta esgotouse ao máximo a taxa de reposición de efectivos do 100% que establece a normativa estatal, Feijóo precisou que Galicia contará, ademais, con 213 prazas extra, xa que, segundo lembrou, as comunidades máis solventes teñen a posibilidade de ofertar un 8% adicional, como é o caso de Galicia. Ao respecto, precisou que esas 213 prazas destinaranse integramente á sanidade pública, incluídas as partes correspondentes á administración xeral, e á educación.

Baixo o obxectivo de aprobar neste trimestre os decretos de ofertas de emprego público, o responsable do Executivo galego adiantou que o sistema sanitario público de Galicia contará cun total de 1.323 prazas: 1.314 para a cobertura do sistema sanitario; e 9 prazas das escalas de funcionarios de carreira da escala de saúde pública e administración sanitaria.

Con esta nova oferta, serán case 9.000 os profesionais que se incorporarán ás institucións sanitarias do Sistema Público, con vínculo de fixeza, desde 2009. Non en van, esta oferta dará resposta ás necesidades asistenciais e organizativas prioritarias, con especial atención aos ámbitos asistenciais con maior demanda de efectivos, como medicina de familia e pediatría.

Deste xeito, do total de prazas: 332 serán para persoal licenciado sanitario, das que 200 corresponden a médicos de familia, unha oferta récord; e 35 de pediatras de atención primaria.

Cómpre salientar que, acumulando as ofertas do 2018 e 2019, o número de prazas convocadas será de 254 prazas para médicos de familia e 93 para pediatras de atención primaria.

O presidente da Xunta destacou que 2 de cada 3 prazas de médicos serán para a atención primaria, que sinalou como “a prioridade número un da OPE”.

Para diplomados sanitarios e FP a oferta será de 567 prazas, e a oferta completarase cun total de 415 prazas de persoal de xestión e servizos.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e respectará os principios de libre concorrencia, igualdade, mérito e capacidade. Así, do total de prazas, 93 reservaranse para persoas con discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%, das cales, 27 reservaranse para discapacidade intelectual.

En relación á Administración xeral, Feijóo subliñou que neste eido a Xunta prevé ofertar un total de 2.446 prazas, das que: 1.388 serán a través de procesos selectivos de acceso libre; e outras 1.058 prazas para promoción interna do persoal funcionario (220) e para a funcionarización do persoal laboral fixo (838).

Máis polo miúdo, explicou que a maior parte das prazas de acceso libre terán como obxectivo reforzar os servizos sociais que presta a Administración autonómica. E o sistema selectivo será o de concurso oposición, tamén, neste caso.

Con respecto á cota para persoas con discapacidade, o titular da Xunta aseverou que na oferta de acceso libre reservarase unha porcentaxe non inferior ao 7% das prazas.

Por último, e sobre as prazas da Educación Pública, Feijóo lembrou que a oferta xa publicada no Diario Oficial de Galicia inclúe 2.064 prazas en 36 especialidades, baixo a previsión de realizar as probas unha vez remate o curso escolar.

“Entre o ano 2015 e o 2019 as ofertas públicas de emprego da Xunta de Galicia están cerca das 19.000 prazas, ese é o compromiso que tiñamos cos empregados públicos, que en canto puidésemos incrementar as posibilidades de sacar ofertas públicas de emprego o fariamos”, afirmou, destacando que se tomou a decisión de que “ese plus de responsabilidade que supón cumprir a regra de gasto, o déficit e a débeda, e chegar ao 108% na oferta pública de emprego, todo ese 8% o poñeríamos en Sanidade, e máis concretamente, nas políticas de atención primaria”.


Fonte Xunta de Galicia

_________________
Síguenos en Facebook ADAMSFORMACIÓN y Cefiasa-Adams Oposiciones Galicia

Twitter @ADAMSFORMACION @NOTICIAS_OPOS @OPOSICIONESNOTICIAS


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro
No puede enviar adjuntos en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
Traducción al español por Huan Manwë para phpbb-es.com