ivande escribió:
Boas, pois poder poderian ir rápido si quixeran, so hai que valorar experiencia e cursos, non e como o concurso que sí traballo desenvolvido, experiencia, grao, conciliación etc...ademais tampouco somos tantos e moitos,ou cando menos, alguns teran cero puntos...pero bueno...xa sabemos cómo son as cousas, así que tardarán o que queiran
Eu sigo pensando que nos incorporaremos a volta do verán, a ver...
En canto ao procedemento de acreditación dos méritos, estivenlle botando un ollo a resolución e xa que o procedemento e o mesmo para todos os grupos e en ningún sitio pon si para A1, para A2 ou para outro grupo, teño a duda de si hai que validar o mesmo expediente para, no meu caso, os dous grupos, ou si con validalo unha vez, valdrá para os dous?
Saúdos
Eu dixen fai 3 semanas
Citar:
Todo isto dígoo para que non vos levedes falsas ilusións de que ides comezar a traballar antes do verán, salvo milagro ou que FP despois de 13 anos co mesmo DX cambie o seu propio modus operandi na xestión que ninguén entende.
Pois desta vezm metéronlle unha marcha resolvendo todos os exames de galego, as alegacións, apertura de fase de méritos...etc de todos so subgrupos. Igual hai sorpresa e tomamos posesión antes do verán. Pero eu sigo apostando que non
Mellor chama a FP. En calquera caso, penso que só tes que facer unha validación porque o prazo de apertura do expediente persoal ábrese ao mesmo tempo en todos os procesos de libre que teñen a mesma baremació e é unha actualización do teu expediente persoal como funcionario de carreira/interino que non está referido a ningún proceso en concreto, senón a "procesos selectivos". Logo eles xa calcularán a Formación + Experiencia profesional ata a data da convococatoria do A1 e A2. Entendo eu.