ADAMS Formación

Descubre nuestros foros sobre oposiciones
Fecha actual Mié 18-09-2019, 05:04

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]




Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 
Autor Mensaje
NotaPublicado: Mar 29-03-2011, 15:46 
Desconectado
Administrador
Administrador
Avatar de Usuario

Registrado: Mié 23-05-2007, 10:31
Mensajes: 24393
A Xunta saca a oposición 250 prazas de emprego público na OEP de 2011

Un total de 154 prazas están destinadas para funcionarios de novo ingreso e 96 son de promoción interna

Función Pública concentra esta oferta nos sectores, funcións e categorías profesionais prioritarias ou que afectan as servizos públicos esenciais

As prazas que se ofertan son, na maior parte, pertencentes á Administración Especial e Escalas co fin de acadar unha maior profesionalización

Todas están ocupadas de maneira provisional por interinos ou persoal laboral polo que non supoñen un maior custe para a Administración autonómica e aportan estabilidade

Santiago, 29 de marzo de 2011.- O Consello da Xunta de Galicia aprobará esta semana a Oferta de Emprego Público (OEP) para o ano 2011, pola que a Administración autonómica saca a oposición 250 prazas no ámbito de Función Pública, tendo en conta as destinadas a persoal funcionario de novo ingreso e as de promoción interna.

Segundo explicou en rolda de prensa o director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda, José María Barreiro, do total das prazas da oferta de emprego público presentada, 154 son de novo ingreso, 49 pertencentes á Administración Xeral e 105 á Administración Especial; e 96 prazas están destinadas á promoción interna para o persoal funcionario dos distintos corpos A1 e C2 da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Barreiro explicou que OEP 2011 “cumpre así, a taxa de reposición de efectivos do 10% establecida pola Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia” e precisou que se concentra nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideran prioritarios ou que afectan ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

Ademais, o director xeral sinalou que esta oferta está concibida “coma un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo da Administración pública”, nos que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.

Prazas xa orzamentadas que reducen a temporalidade do emprego público

José María Barreiro destacou tamén que todas as prazas ofertadas están ocupadas provisionalmente por persoal interino ou por persoal laboral indefinido adscritos a unha praza de funcionario, e “dotadas orzamentariamente incluídas nas relacións de postos de traballo vixentes”, polo que non suporía un maior custe para a Administración autonómica, ademais de aportar estabilidade no emprego e reducir a temporalidade.

Os criterios de asignación das prazas da OEP 2011 aos corpos e escalas que se inclúen atópanse condicionados, con carácter xeral, polos ámbitos ou sectores que se consideran preferentes de acordo coa estratexia de austeridade e de contención de gasto levada a cabo polo Executivo galego.

Maior profesionalización da Administración

No ámbito das prazas de novo ingreso que se ofertan son, na maior parte, pertencentes á Administración Especial e Escalas co fin de acadar unha maior profesionalización. Estas prazas son demandadas por unidades cunha importante especialización.

Deste xeito, a oferta para 2011 inclúe prazas de persoal especializado en distintos ámbitos da Administración Autonómica. Entre estas. están as relativas ás unidades de informática, pola incorporación e afianzamento das novas tecnoloxías da información; as relativas á escala superior e técnica de finanzas, necesarias para a posta en marcha da Axencia Tributaria; escala de estatísticos, co fin de potenciar o Instituto Galego de Estatística; escala de letrados, polo incremento da litixiosidade nas Administracións Públicas; escala de inspección urbanística para o afianzamento da Axencia de legalidade urbanística; así como prazas de arquitectos e enxeñeiros das distintas especialidades pola alta demanda que se require de persoal técnico cualificado. Tamén se incorporan as prazas derivadas da administración especial relativas a bibliotecas e arquivos para a posta en marcha da Cidade da Cultura.

O actual Goberno galego está levando a cabo unha política racional de recursos humanos. Hai que lembrar que a Oferta de Emprego Público en 2009 xa foi moi restritiva e limitouse a 167 novas prazas e que non a houbo o ano pasado, mentres que para este exercicio a OEP está centrada en prazas especializadas co obxectivo de contar con persoal que mellore o servizo público ao cidadán.

ANEXO OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2011


ACCESO LIBRE

1. ADMINISTRACIÓN XERAL

a) Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)

-Escala de letrados/as............................................................................6
-Escala de sistemas e tecnoloxía da información..................................15
-Escala superior de finanzas..................................................................8
-Escala superior de estatísticos..............................................................4


b) Corpo de Xestión de Administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)

-Escala técnica de finanzas....................................................................8
-Escala de xestión de sistemas de informática.......................................8


2. ADMINISTRACIÓN ESPECIAL

a) Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)

-Escala de inspección urbanística..........................................................7
-Escala de enxeñeiros/as de minas........................................................9
-Escala de enxeñeiros/as industriais......................................................11
-Escala de arquitectos/as.......................................................................6
-Escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos
Especialidade bibliotecas.............................................................7
Especialidade de arquivos...........................................................3
-Escala de enxeñeiros de Telecomunicacións.......................................2
-Escala de biólogos................................................................................8
-Escala de arqueólogos..........................................................................1
-Escala de mestres numerarios de institutos politécnicos marítimo –
pesqueiros:
Especialidade de máquinas e instalacións mariñas....................6
Especialidade de lexislación marítima.........................................1
Especialidade de navegación marítima.......................................1
Especialidade de pesca marítima................................................1
Especialidade de procesos de cultivo acuícola...........................5
Especialidade de inglês marítimo................................................1
Intervención subacuática e hiperbárica.......................................1
Medicina subacuática e hiperbárica............................................1


b) Corpo facultativo de grão médio da Xunta de Galicia (Subgrupo A2)

-Escala de enxeñeiros/as técnico de minas..........................................8
-Escala enxeñeiros/as técnicos industriais............................................5
-Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos:
Especialidade de bibliotecas.......................................................7
Especialidade de arquivos...........................................................9
-Escala de topógrafos/as........................................................................1


c) Corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (Subgrupo C1)
-Escala de delineantes.............................................................................4



TOTAL: 154


PROMOCIÓN INTERNA

a) Corpo Superior de administración da Xunta de Galicia (Subgrupo A1)..15
b) Corpo auxiliar da Xunta de Galicia (Subgrupo C2)....................................81

TOTAL: 96


Tambien recordar las que estan pendientes de convocar en este primer semestre las plazas de la Ope anterior. Entre ellas las 30 de auxiliar administrativo y las de personal laboral.

_________________
Si quieres más información sobre oposiciones lo puedes encontrar aquí.


Arriba
 Perfil  
 
Mostrar mensajes previos:  Ordenar por  
Nuevo tema Responder al tema  [ 1 mensaje ] 

Todos los horarios son UTC + 1 hora [ DST ]


¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 3 invitados


No puede abrir nuevos temas en este Foro
No puede responder a temas en este Foro
No puede editar sus mensajes en este Foro
No puede borrar sus mensajes en este Foro
No puede enviar adjuntos en este Foro

Buscar:
Saltar a:  
cron
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Group
Traducción al español por Huan Manwë para phpbb-es.com