CONCELLO DE CATOIRA
_______________________________________________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR EN PROPIEDADE UNHA PRAZA VACANTE NESTE CONCELLO, DE ENXEÑEIRO DE EDIFICACIÓN INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO. Promoción interna.
___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición
TITULACIÓN REQUIRIDA: Posuír o título -superior- académico de Enxeñeiro da Edificación.
INSTANCIAS:
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Catoira.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: Será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial Galicia
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello de Catoira, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases convocatoria