Convocada 1 praza de Operario de servizos varios: cemiterio e 1 praza de Operario de servizos: Recollida de lixo para o Concello de Baiona (Pontevedra)

CONCELLO DE BAIONA

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE PERSOAL LABORAL FIXO NESTE CONCELLO, INCLUÍDAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2010

___________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

— Unha praza de operario de servizos varios: cemiterio correspondentes á OPE 2010 vacantes na plantilla de laboral fixo- Grupo 10 de cotización

 — Unha praza de operario de servizos: recollida de lixo correspondentes á OPE 2010 vacantes na plantilla de laboral fixo- Grupo 10 de cotización

SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-Oposición libre

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao Alcalde, cuxo modelo se facilitará polo Concello no Rexistro Xeral.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 8 ATA O DÍA 27 DE ABRIL DE 2012

A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de eren certificadas.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Convocatoria