Publicada a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, Tribunal e data do primeiro exercicio, para cubrir 1 praza de de Encargada/o da Biblioteca-Secretaría de Xulgado do Concello de Friol (Lugo)

CONCELLO DE FRIOL

________________________________________________________________________

LISTA DEFINITIVA PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE ENCARGADA DA BIBLIOTECA-SECRETARÍA DE XULGADO DESTE CONCELLO

________________________________________________________________________________________________________________

Á vista do disposto nas bases do proceso de funcionarización de persoal laboral fixo do Concello de Friol dunha praza de “Encargada da Biblioteca-Secretaría de Xulgado (bases publicadas no BOP núm. 198 de 30 de agosto de 2011), así como a continuación do proceso de provisión polo sistema de concurso-oposición, dacordo co legalmente establecido, no BOP núm. 255 de data 8 de novembro de 2011, publícase resolución da Alcaldía de data 28 de outubro, pola que se presta aprobación á lista provisional de admitidos e excluidos ao proceso selectivo.

Visto que no prazo establecido non se presentaron reclamacións ao respecto, según o disposto nas Bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire a vixente lexislación de réxime local,

Elévase a definitiva a lista de aspirantes admitidos, aprobada por resolución da Alcaldía de 28 de outubro de 2011, publicada no taboleiro de anuncios e no Boletín Oficial da Provincia, na data anteriormente indicada, por non presentarse reclamacións no prazo establecido.

De non existir causas de abstención e recusación algunha dos membros do tribunal, previstas nos art. 28 e 29 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, convócase ao Tribunal para a súa constitución para o vindeiro día 22 de marzo de 2012, ás dez horas e trinta minutos e media hora mais tarde para a valoración dos méritos presentados.

A realización do primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o mesmo día 22 de marzo de once horas e trinta minutos, na Casa do Concello de Friol.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas definitivas