Convocadas 2 prazas de Xuristas da Subescala Técnica da Administración Especial (Ferrol)

CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS DE XURISTAS ENCADRADAS NA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA
Sistema de provisión:  Oposición en quenda libre.

REQUISITOS:

Para participar nas probas selectivas cómpre:
· Ser español/a ou nacional doutro Estado membro da Unión europea nos termos previstos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
· Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
· Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións. As persoas con minusvalidez deberán facelo constar na instancia, indicando se precisan adaptacións para realizar as probas.
· Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servicio en calquera Administración pública do Estado, comunidade autónoma ou entidade local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.
· Estar en posesión do título de Licenciado/a en Dereito.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

O prazo de presentación de instancias remata o día 18 de xullo de 2010.
As persoas que desexen participar nas probas selectivas presentarán unha solicitude dirixida ó señor alcalde-presidente deste Concello, na que farán constar que reúnen todos os requisitos sinalados.
As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Coa solicitude achegarán:
a)Fotocopia do DNI.
b)Xustificante do ingreso na Tesourería municipal da contía dos dereitos de exame que para cada proba selectiva se sinalen, ou ben, xustificante do xiro postal ou telegráfico do seu pagamento, ou no seu caso certificado do INEM, de estar en situación de desemprego, aos efectos de exoneración desta taxa.

Dereitos de exame.
As persoas aspirantes deberán ingresar a cantidade que estableza para cada grupo de titulación a Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola solicitude de participación en probas de selección do persoal vixente en cada momento, quedando exonerados do seu aboamento aqueles aspirantes que acrediten, medianate certificado do INEM, estar en situación de desemprego.

Para mais información pica no seguinte enlace: