GALICIA: Concello de Foz (Lugo): Contratación, selección dun posto de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar como persoal interino

CONCELLO DE FOZ

____________________________________________________________________________________________________________________________
SELECCIÓN DE PERSOAL INTERINO, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

______________________________________________________________________________________________________________

As bases íntegras pódense consultar na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios deste Concello.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte no concurso-oposición deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Foz, solicitude no modelo oficial que se pode descargar da páxina web, ou ben, obter nas dependências municipais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 24 DE DECEMBRO DE 2012

Para mais información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Contratación

GALICIA: Deputación Provincial de Lugo: Convocatoria de 2 Bolsas formativas en materia de Xestión Cultural Museística e outra en Materia de Arquivos e Biblioteca para o Museo Provincial de Lugo

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO – REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL MUSEÍSTICA E OUTRA EN MATERIA DE ARQUIVOS E BIBLIOTECA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PH. 2012- 2013

_______________________________________________________________________________________________________________

As bolsas terán unha duración de once (11) meses, que se contarán a partir da incorporación dos bolseiros/as.

INSTANCIAS:

As solicitudes, xunto coa documentación adicional requirida, presentarase conforme o modelo oficial que figura no anexo I e no anexo II das bases, debendo dirixila ao Presidente da Deputación de Lugo e presentándoa no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 15 ATA O DÍA 22 DE DECEMBRO DE 2012

O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo.

Para mais información, podes consultar o seguinte enlace: Bases Bolsa

GALICIA: Instituto Galego da Calidade Alimentaria

INSTITUTO GALEGO DA CALIDADE ALIMENTARIA

_______________________________________________________________________

ANUNCIO DO 20 DE NOVEMBRO DE 2012 POLO QUE SE CONVOCA PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN ANALISTA DE LABORATORIO MEDIANTE UN CONTRATO POR OBRA OU SERVIZO DE DURACIÓN DETERMINADA PARA DESENVOLVER O PROXECTO DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DENOMINADO INOCULANTE AC SUPERSIL SOBRE ENSILADO DE MILLO

_______________________________________________________________________________________________________________

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web:

https://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/

Aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun analista de laboratorio mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación e desenvolvemento tecnolóxico «Inoculante AC Supersil sobre ensilado de millo».

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 13 ATA O DÍA 24 DE DECEMBRO DE 2012

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

GALICIA: Concello da Teixeira (Ourense): Contratación dun/dunha Auxiliar de Axuda no Fogar

CONCELLO DA TEIXEIRA

_______________________________________________________________________

SELECCIÓN E POSTERIOR CONTRATACIÓN DUN AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

_______________________________________________________________________________________________________________

Duración do contrato: Dende o 02.01.2013 ata o 31.12.2013.

Clase de persoal: Laboral temporal.

INSTANCIAS:

Presentaranse no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 12 ATA O DÍA 18 DE DECEMBRO DE 2012

Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina.

GALICIA: Concello do Barco de Valdeorras (Ourense): Contratación dun/dunha Arquitecto/a Técnico/a como interino/a

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

_______________________________________________________________________

SELECCIÓN DUN FUNCIONARIO INTERINO “ARQUITECTO TÉCNICO” PARA ESTE CONCELLO

_______________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Diplomado en Arquitectura Técnica ou título de grao de Enxeñeiro da Edificación.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen participar nos procesos de selección presentarán solicitude dirixida ó alcalde do concello.

Presentaranse no Rexistro Xeral do concello.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 6 ATA O DÍA 15 DE DECEMBRO DE 2012

O anuncio da convocatoria e as bases publicarase igualmente, para os efectos informativos, na páxina web do Concello do Barco de Valdeorras (www.concellodobarco.org) e no taboleiro de anuncios municipal.

As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Para mais información, consulta o seguinte enlace: Bases interinidade

GALICIA:Ourense:Bolsa de emprego para substitucións de determinados postos de Traballo adscritos a Mancomunidade das Terras do Navea-Bibe

MANCOMUNIDADE DAS TERRAS DO NAVEA-BIBEI

________________________________________________________________________

CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA SUBSTITUCIÓNS DE DETERMINADOS POSTOS DE TRABALLO ADSCRITOS A ESTA MANCOMUNIDADE DAS TERRAS DO NAVEA-BIBE

________________________________________________________________________________________________________________

INSTANCIAS:

As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ó señor presidente, na que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos nas bases desta convocatoria e cuxo modelo se une as  bases como anexo I.

As solicitudes presentaranse no Rexistro da mancomunidade (de luns a venres).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Mínimo de vinte días naturais, cuxo cómputo empezará o día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no taboleiro de anuncios da mancomunidade e no BOP de Ourense e no taboleiro dos concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives.

Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 39.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso, os/as concorrentes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias.

Se, conforme a este precepto, se presentan a través das oficinas de correos, deberá aparece-lo selo na propia solicitude.

Para mais información, consulta o seguinte enlace: Bolsa de emprego

XUNTA DE GALICIA: Publicadas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de Persoal Laboral

RESOLUCIÓN DO 27 DE NOVEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA, POLA QUE SE FAN PÚBLICAS AS LISTAS DEFINITIVAS PARA A COBERTURA CON CARÁCTER TRANSITORIO DE PRAZAS RESERVADAS A PERSOAL FUNCIONARIO E A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA, ELABORADAS EN CUMPRIMENTO DO ESTABLECIDO NO ARTIGO 6.2 DO DECRETO 37/2006, DO 2 DE MARZO

_______________________________________________________________________________________________________________

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 5 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 194, do 10 de outubro), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, corrixidos os erros materiais e vistas as alegacións formuladas polas/os interesadas/os, a Comisión Permanente Central, na xuntanza do 21 de novembro de 2012, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.

Resólvese:

–  Publicar as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

As listas encóntranse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe Función Pública.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PRAZO PARA SOLICITAR  A DEVOLUCIÓN DAS TAXAS POR DEREITOS DE INSCRICIÓN (solicitantes excluídos) : DENDE O DÍA 5 DE DECEMBRO ATA O DÍA 5 DE XANEIRO DE 2013

Deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Listas contratación