GALICIA. Resolución que modifica a Resolución pola que se publican a listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de Xestión e Servizos do SERGAS

RESOLUCIÓN DO 18 DE DECEMBRO DE 2012 QUE MODIFICA A RESOLUCIÓN DE 3 DO DECEMBRO DE 2012, DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE PUBLICAN AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS E SE PROCEDE A PUBLICAR OS RESULTADOS PROVISIONAIS DE BAREMACIÓN DOS/AS ASPIRANTES ADMITIDOS/AS CO SEU NÚMERO DE ORDE, CON RESPECTO Á CONVOCATORIA DE INSCRICIÓN DE ASPIRANTES PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS EN DIVERSAS CATEGORÍAS SANITARIAS E DE XESTIÓN E SERVIZOS NO ÁMBITO DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E ENTIDADES ADSCRITAS Á CONSELLERÍA DE SANIDADE

_______________________________________________________________________________________________________________

Mediante Resolución do 3 de decembro (DOG nº 240, do 18 de decembro), ordénase a publicación das listas definitivas de admitidos/excluídos e a baremación provisional con número de orde, estando prevista a visibilidade dos resultados no FIDES/expedient-e, epígrafe de procesos e as listas na web do Servizo Galego de Saúde. A baremación de cada aspirante admitido/a, foi visible no expediente citado desde as 8.00 horas do 18 de decembro, ben que as listas non foron publicadas por detectarse incidencias técnicas na súa xeración.

Unha vez resoltas as incidencias técnicas, acórdase publicar as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e publicar de novo os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde.

Tendo en conta o anterior, ábrense novos prazos de reclamación e recurso que contan desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no DOG.

Así mesmo, as persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación recollida nas listas provisionais de admitidos con puntuación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das citadas listas provisionais.

A publicación do número de titulares e suplentes para nomeamentos de curta duración (norma II.8 do Pacto de selección temporal) das dúas listas por área sanitaria e, se é o caso, zonificación, para a prestación de servizos, respectivamente, nos centros de atención primaria e especializada comprendidos no citado ámbito territorial, publicaranse na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no enlace que figurará ao final da resolución, no momento da publicación dos resultados definitivos de baremación.

Máis información, no seguinte enlace: Publicación DOGA