GALICIA: Concello de Vigo: Contratación como funcionario/a interino/a na modalidade de Plans e programas para a Docencia Transitoria de Moda e Confección e Debuxo Artístico na Escola Municipal de Artes e Oficios

CONCELLO DE VIGO

_______________________________________________________________________

A XUNTA REITORA DO ORGANISMO AUTÓNOMO ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS DE VIGO, NA SÚA SESIÓN DE DATA. 20 DE SETEMBRO DE 2012., APROBOU A CONVOCATORIA E AS BASES REITORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A. PROVISIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO, NA MODALIDADE DE PLANS E PROGRAMAS, PARA A DOCENCIA TRANSITORIA DE MODA E CONFECCIÓN E DEBUXO ARTÍSTICO NA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTES E OFICIOS

_______________________________________________________________________________________________________________ 

– 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia en Debuxo Artístico.

• 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia en Moda e Confección.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Prazo: 10 días a partir do seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Publicado no BOP do día 3 de outubro de 2012)

Lugar de presentación: Rexistro xeral do concello de Vigo ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

Días e Horario de entrega: Laborables de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, sábados de 9.00 a 13.00 horas

Documentación a entregar:

Instancia solicitando participar no proceso de selección indicando expresamente o posto ao que opte, curriculum Vitae acreditado, Proxecto docente, Orixinal da vida laboral, Fotocopia das acreditacións dos méritos alegados e do DNI (o candidato/a seleccionado/a deberá presentar obrigatoriamente esta documentación compulsada).

Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da casa do concello e no apartado «Ofertas de emprego» da páxina web www.viso.org.