GALICIA: Concello de Pontevedra: Lista de reserva para a provisión interina de prazas de Traballador/a Social

CONCELLO DE PONTEVEDRA

________________________________________________________________________

LISTAS DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DE PRAZAS DE TRABALLADOR/A SOCIAL DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TECNICA, CLASE TÉCNICOS MEDIOS, ENCADRADAS NO GRUPO A, SUBGRUPO A-2 (QUENDA LIBRE)

________________________________________________________________________________________________________________

Formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de traballador/a social, da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, encadrada no grupo A, subgrupo A-2.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán presentar a seguinte documentación:

— Unha instancia dirixida ao Sr. Alcalde de Pontevedra, que deberá de conter, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza á que opta.

— Fotocopia simple do DNI.

— Currículum vitae e copia simple da documentación acreditativa dos méritos alegados. Os méritos non alegados e/ou xustificados na documentación que se achega á instancia solicitando tomar parte no concurso-oposición non serán tidos en conta.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 17 ATA O DÍA 26 DE OUTUBRO DE 2012

A presentación das solicitudes poderá facerse no rexistro xeral de documentos do Concello, ou en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistro xeral do Concello deberán comunicalo por telegrama, fax, ou outro medio no mesmo día da súa imposición.

Para máis información, podes consultar o seguinte enlace: Bases contratación