GALICIA: Concello de Sobrado (A Coruña): Contratación dun/dunha Arquitecto/a Técnico/a para a Oficina Técnica

CONCELLO DE SOBRADO

_______________________________________________________________________

CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/UNHA ARQUITECTO/A TÉCNICO/A PARA A OFICINA TÉCNICA DESTE CONCELLO

_______________________________________________________________________________________________________________

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión (ou en condición de obtelo na data de remate do prazo de presentación de instancias) do Título de Arquitecto Técnico ou equivalente.

INSTANCIAS:

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente, conforme ao modelo que consta no anexo a estas bases.

As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada do Concello de Sobrado.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 22 ATA O DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2012

Así mesmo poderán presentarse a través do procedemento previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases Contratación