GALICIA: Concello de Oia (Pontevedra): Contratación dun/dunha Auxiliar Administrativo/a

CONCELLO DE OIA

________________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN/DUNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO, CON CONTRATO TEMPORAL E A TEMPO PARCIAL, PARA APOIO AS OFICINAS DESTE CONCELLO

________________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Estar en posesión ou en condición de obter no día en que remate a presentación de instancias, do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo, deberán facelo constar mediante instancia que se axustará o modelo que figura como Anexo II da convocatoria.

A presentación de solicitudes poderá facerse no Rexistro Xeral do Concello de Oia, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

As instancias tamén poderán ser presentadas nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de Réximen Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común.

En caso de utilizar un rexistro distinto do rexistro municipal do concello de Oia, comunicaráse esa circunstancias a través de fax ( 986.362.268).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 11 ATA O DÍA 19 DE SETEMBRO DE 2012

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación