GALICIA: Concello de Agolada (Pontevedra): Contratación como interino dun/dunha Auxiliar Administrativo adxunto a Secretaria-Intervención

CONCELLO DE AGOLADA

_______________________________________________________________________

CONVOCATORIA PARA NOMEAMENTO INTERINO DUN AUXILIAR ADMINISTRATIVO ADXUNTO A SECRETARIA- INTERVENCIÓN

_______________________________________________________________________________________________________________

SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición Libre

TITULACIÓN REQUIRIDA: Posuír ou estar en condicións de obter o título de graduado escolar ou título de graduado en educación secundaria obrigatoria o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

INSTANCIAS:

As persoas que desexen tomar partes nestas probas selectivas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida o Sr. Alcalde- Presidente do Concello de Agolada. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do solicitante co seu enderezo e a denominación da praza á que opta, achegándolle unha fotocopia autenticada do documento nacional de identidade ou tarxeta acreditativa da súa identidade expedida polas autoridades competentes no caso de cidadáns comunitarios.

No rexistro xeral do Concello de Agolada facilitaráselles ós interesados o modelo de solicitude incluído no anexo I da convocatoria.

No caso de equivalencia ou homologación de titulacións deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: DENDE O DÍA 14 ATA O DÍA 20 DE AGOSTO DE 2012

A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral do Concello de Agolada, ben en calquera das formas establecidas no art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; as solicitudes que se presenten a través da oficina de correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.

Para máis información, consulta o seguinte enlace: Bases contratación