CONCELLO DO CORGO
_______________________________________________________________________
CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE TRES CONDUTORES ENCARGADOS DA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO SUSCRITO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL, DURANTE A CAMPAÑA 2012
_______________________________________________________________________________________________________________
SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición
CLASE DE PERSOAL: Laboral temporal, obra o servicio determinado, xornada completa, para a conducción de vehículo motobomba na campaña incendios 2012.
Consulta de bases:En páxina web www.concellodocorgo.net
INSTANCIAS:
As instancias deberán ser presentadas no rexistro deste concello.
As instancias, para participar neste proceso selectivo, que non se reciban no Rexistro de entrada deste concello no prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, serán rexeitadas, polo que se recomenda a súa presentación en man no rexistro deste Concello. Modelo de instancia: anexo II.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: DENDE O DÍA 2 ATA O DÍA 4 DE XULLO DE 2012